Seleccionar página

O nome de Allariz esta ligado dende sempre o boi a través da festa deste nome que se celebra no noso pobo tódolos anos. Conta a tradición que ala por 1317 chegado o corpus cristi Xan de Arzúa, fidalgo de fortes conviccións cristiáns, utilizaba un boi da súa propiedade para escorrentar os xudeus que acudían a importunar a procesión cristiá. De alí nace a festa do boi e a vinculación de Allariz con este nobre animal.  

O Pepiño de Allariz é unha casa de xantar tradicional que ten abertos locais en Allariz e Ourense. A nosa proposta é a elaboración de pratos de cociña tradicional galega e a comercialización dalgúns dos produtos que utilizamos para as nosas elaboracións. Entre eles o xamón de boi.

O xamón de boi do Pepiño de Allariz é un novo produto gourmet galego de alta calidade que obtense da curación dalgunhas partes dos cuartos traseiros de gando vacún macho(boi) especialmente seleccionados para o Pepiño de Allariz por Daniel Cochón do matadoiro frigorífico de Bandeira (Pontevedra). 

O gando vacún seleccionado para o xamón de boi esta composto exclusivamente por animais machos de mais de 6 anos de idade e cun peso non inferior a 600 Kg/canal para asegurar así unha boa infiltración de graxa nas pezas seleccionadas. As pezas utilizadas para a súa curación son a tapa, a babilla e a contra das patas traseiras do animal. 

O proceso de curación sigue a mais antiga tradición galega. Facémolo nas terras altas da serra do Larouco ourensán e sigue unha secuencia de salgado, asentado e afumado que dura entre 7 e 12 meses dependendo do peso de cada peza. O afumado, que proporciona una textura e sabor especial o noso xamón de boi, faise con leña de carballo galego.

Puntos de Venda

No noso restaurante de ALLARIZ
Rúa da Cruz 1 – ALLARIZ (Ourense)
Tel. 988 442 530

No noso restaurante de OURENSE
Rúa Valle Inclán 9 – OURENSE
Tel. 988 605 274

Na nosa tenda on-line

Empregamos cookies propias e/ou de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu emprego. Pode cambiar a configuración ou obter máis información. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar